• Hemeroteca

A nosa candidatura ás eleccións do vindeiro 24 de maio

1. JOSE LUIS FONDO AGUIAR
2. OSCAR MANUEL REY CALO

3. SUSANA COUSILLAS SANCHEZ

4. MARIA DEL MAR DURAN MATO

5. JOSE LUIS BERMUDEZ GARCIA

6. ALBERTO AMADO CANCELA

7. BEATRIZ MARTINEZ CALVO

8. MARGARITA RODRIGUEZ POSE

9. JOSE VARELA AMEIJENDA

10. ANA GONDA GONZALEZ

11. OBDULIA FERNANDEZ GRAIÑO

12. ELISEO ROMERO RODRIGUEZ

13. MARIA YOLANDA VIDAL RODRIGUEZ

Suplentes

1. ADOLFO FRANCISCO VALIÑA VAZQUEZ

Advertisements

Pose Verdes (APIN) critica a débeda nos plenos, mentras pide axudas millonarias ao Concello

Hoxe fanse eco, no Diario de Bergantiños, das declaracións realizadas ao final do pleno polo Alcalde nas que decía que Pose Verdes ten “moita cara” xa que nos plenos critica a débeda do Concello, pero despois pide axuda por valor de 180.000 euros ao Concello, para a A.C Río Anllóns, da que el forma parte. Neste caso non lle importa endebedar ao Concello.

Diario de Bergantiños 27/01/2015

Diario de Bergantiños 27/01/2015

 

POS 2013. Obras de ampliación da rede de abastecemento en Pazos

O Concello de Ponteceso inviste na mellora da rede de abastecemento da parroquia de Pazos, co apoio da Deputación provincial da Coruña, realizando unha obra que foi solicitada polos propios veciños e veciñas.
1379561_734228449936101_1518934164_n

As obras do POS 2013. Asfaltado na Carrasqueira (Langueirón)

Asfaltado da pista da Carrasqueira

Asfaltado da pista da Carrasqueira

As unitarias SEMPRE foron unha prioridade para o PP de Ponteceso

???????????????????????????????O PSOE de Ponteceso manifesta a súa preocupación polo peche das unitarias en Ponteceso, e dende o Partido Popular queremos manifestar que esta preocupación non é máis que outra incongruencia do grupo socialista, que só busca réditos políticos, porque nunca estiveron a favor desta organización educativa parroquial.

O PSOE de Ponteceso sempre se mantivo en contra das unitarias. Dende o ano 1999 ao 2004 mantiveron unha postura negativa a esta estructura educativa, á favor da centralización e escolarización dos rapaces no CEIP Eduardo Pondal en Ponteceso.

Esta postura volve a manifestarse contraria ás unitarias cando co plan E, na que o goberno municipal decidíu investir no arranxo dos centros educativos das parroquias e ao que o PSOE de Ponteceso dixo NON coa excusa de que en Corme non había unitarias. Claro que Corme non tén unitarias, xa tén un colexio de primaria, co que por certo, traballamos e colaboramos.

Queremos deixar claro que, como demostran os feitos, o PP de Ponteceso si apostou sempre por este sistema educativo que permite iniciar á escola @s alumn@s ao carón dos seus fogares e nas súas parroquias.
A todo esto súmase o compromiso do goberno municipal de colaboración permanente e constante co CRA de Ponteceso no desenvolvemento e mellora do seu programa educativo.

O único despilfarro é a política do NON a todo do PSOE de Ponteceso

Obra de ampliación de rede de sumidoiros en Pazos

Dende o Partido Popular de Ponteceso preguntámonos a que está a xogar o partido socialista nesta lexislatura, sen rumbo por unha posición de confrontación e do NON a todo, despois de dous anos das eleccións.

¿Consideran despilfarro o arranxo das beirarrúas de Ponteceso, inversion á que se opuxeron no pleno? ¿Consideran despilfarro o arranxo de rúas en Corme, arranxo de pistas en Langueirón, ampliar a rede de abastecemento en Pazos, ampliar zonas de aparcamento en Brantuas, obras todas ás que se opuxeron por que según o portavoz Lois García, non se trataba de rúas comerciais? ¿Acaso é despilfarro investir en todas as parroquias?

Dende que comezou a lexislatura o PSOE de Ponteceso, con Loís García ao fronte, opúxose a todo o que o Partido Popular propoñía, a todas as inversións que viñeron para Ponteceso, o último caso é o Museo Etnolúdico Galego (Melga), que será un revulsivo importante a nivel turístico para o municipio e que a cidadanía sabe que está subvencionado por AGADER ao 100 por 100, nunha liña de subvencións que erán para este tipo de inversións, e non para outras. E ás que nós nos acollemos para aproveitar este recurso, se non perderíase, e eso si que sería despilfarro.

O Concello de Ponteceso, ao igual que todas as administracións, atravesa pola crise, un momento complidado, ao que o goberno municipal fai frente cunha política de reducción de gastos nos campos nos que é necesario facelo, e sen que o cidadán vexa mermada a atención na prestación de servizos sociais e outros servizos esenciais nas súas vidas.

O que non é de recibo é que o PSOE de Ponteceso se pase toda a lexislatura en contra, ata do que deberían estar a favor, inversións para o Concello en todas as parroquias.

Aquí o único despilfarro que hai é a política do NON a todo do PSOE.

BNG e APIN, seguidores de Carballildo

Saímos ao paso das declaracións realizadas pola oposición, en relación á transparencia e traballo do equipo de goberno, facémolo contestándolle a cada partido, aínda que xa sabemos que agora BNG e APIN son seguidores do Señor Carballido, e súbense a toda comedia que este inicia.
APIN:
En primeiro lugar, quixéramos recordarlle ao concelleiro de APIN Pose Verdes que, cando realiza unha petición no Concello, o goberno municipal tén 5 días para contestarlle, en caso de non facelo, a contestación é positiva, polo tanto lembrámoslle que debería vir ver a documentación que solicitou, a non ser que a pedira para facerse a vítima e saír na prensa, e xa non lle interese. O que está claro é que a lei o que non di é que o teñamos que ir buscar nin levarlle a documentación á casa.
En segundo lugar, e do mesmo modo, debería saber Pose Verdes, que cando solicita datos de todos os traballadores (pedíu as nominas de toda a plantilla), está solicitando información suxeita á Lei Orgánica de Protección de datos, polo que debe concretar a súa petición, sen comprometer datos de persoas axenas á política.
En resumo, o concelleiro de APIN debe adicar un pouco máis de tempo a aprender e ser algo serio na súa labor, xa que ser concelleiro tamén esixe un mínimo de coñecemento e seriedade, que parece que el non tén, e xa leva dous anos exercendo no cargo para sabelo.
PSOE:
Reiterámoslle ao Sr. Carballido, que non podemos poñer a súa disposición todo o departamento administrativo do Concello, coas peticións que fai, na maioría dos casos absurdas, que só buscan colapsar o funcionamento da entidade.
BNG:
Non temos constancia de que o BNG fixera algunha petición nesta legislatura.
Ponteceso a 22 de marzo de 2013

%d bloggers like this: