Inicio > Xeral > O PSOE amosa a súa peor cara no pleno extraordinario do 12 de decembro

O PSOE amosa a súa peor cara no pleno extraordinario do 12 de decembro

12/12/2011

O portavoz do PSOE minte descaradamente

 

Lois García Carballido fixo pública unha nota de prensa o pasado sábado 10 de decembro, na que acusa ao goberno municipal de practicar o favoritismo cara o pai da Concelleira Susana Cousillas.

É absolutamente falso que o goberno municipal pagase algunha factura ao pai da Concelleira Susana Cousillas. A factura que el alude pertence ao tío da Concelleira, pero non ao pai. O Sr. Carballido na súa gran “labor de investigación” (toda a documentación estivo exposta ao público e moita investigación non require) mentíu, moi posiblemente mal asesorado por algún dos seus compañeiros, que moi ben non lle deben de querer.

Como fixo unha “gran labor de investigación”, estamos seguros de que poido comprobar que o Sr. Santos Rial, concelleiro do PSOE nesta corporación e tamén na anterior lexislatura anterior, forma parte da relación de pagos que faremos co crédito ICO.

O PP actua con transparencia neste asunto. A Concelleira Susana Cousillas abstívose na votación do pago destas faturas.

A parte das mentiras e despropóstivos do Sr. García Carballido, cabe destacar que o PSOE de Ponteceso e o BNG se opoñan ao pago a autónomos e pequenas empresas do Concello e Ponteceso. Máis chamativo é aínda o voto en contra do Sr. Santos, que obstenta o cargo de Presidente da Asociación de Empresarios de Ponteceso.

Esta situación só amosa o que realmente representa o PSOE de Ponteceso: A mentira, os ataques persoais gratuítos, sumado a un gran descoñecemento sobre o funcionamento do Concello e lexislación vixente.

Categorías:Xeral
Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.