O POS 2012 aportará melloras en Brantuas e Corme
08/12/2011
Ás melloras realizadas na Avenida Eduardo Pondal en Ponteceso e Rúa do Crego en Corme, que se están a levar a cabo nestes días, sumaranse outras no vindeiro ano como a creación dunha área de aparcamento na igrexa de San Xulián de Brantuas e na Rúa Xeneral Mourelle en Corme. Estas dúas melloras chegarán co POS 2012 aprobado no último pleno ordinario cos votos a favor do PP de Ponteceso e en contra do PSOE, que volve a amosar unha nula aportación á vida política municipal, tentando frear o progreso das nosas parroquias.
Categorías:Parroquias