Inicio > Xeral > A nefasta oposición en mans de Lois García

A nefasta oposición en mans de Lois García

15/10/2011

O PSOE de Ponteceso pasou toda a lexislatura anterior durmindo nos plenos e a remolque do que opinaba o BNG e parece que ese sentimento de culpabilidade fai que tornen as cousas. 

Todo o que o PSOE non fixo en catro anos , agora queren facelo no pouco que levamos de lexislatura, sen importarlles para nada o que é a lexislación vixente e o regulamento interno do Concello. 

O hábito non fai ao monxe, e por moita parafernaria e desplegue de medios informáticos que faga o señor, Loís García , nos plenos, amosa un descoñecemento da lexislación local absolutamente abrumadora . Por responsabilidade o PSOE de Ponteceso debe de deixar de experimentar e plantear unha oposición seria e rigorosa asentada na realidade dos veciños de Ponteceso e deixar de entorpecer o normal funcionamento da institución

Tamén é curioso ver como o BNG (e API) agora se volven reféns do PSOE, e son eles os que deixan nas mans do voceiro do PSOE de Ponteceso o peso desta nefasta oposición. API e BNG deberían reflexionar en mans de quen están deixando todo o peso político da oposición, nós cremos que nunha persoa que, lexos de coñecer a realidade do Concello e das nosas parroquias, adícase a ter un comportamento pouco aproiado para un represente público como é el ,con continuas, incorreccións, mentiras e despropósitos en cada pleno. 

Queremos desmentir taxantemente que non se esté concedendo toda a documentación que contempla a lei para o desenvolvemento da labor de fiscalización sobre o goberno que tén a oposición, tal e como se pode comprobar no escrito de contestación remitido polo Alcalde ao voceiro do PSOE de Ponteceso, colgado no blogue do PP de Ponteceso, para quen queira consultalo.

CARTA DO ALCALDE AO PORTAVOZ SOCIALISTA

Categorías:Xeral
Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.