Ponteceso xa tén presupostos para o 2012

23/12/2011 Comentarios desactivados

O noso Concello pasa  formar parte dos municipios da Costa da Morte que xa teñen os presupostos aprobados para o 2012. Como toca en tempos de crise, redúcense gastos correntes e de persoal en 300.000 euros. A pesares da oposición, que votou en contra, Ponteceso gozará da estabilidade que da ter os presupostos aprobados.

Xa vemos algúns exemplos do ben que o fai o PSOE e BNG en Concellos limítrofes, con prespostos prorrogados.

Categorías:Xeral

O PSOE amosa a súa peor cara no pleno extraordinario do 12 de decembro

12/12/2011 Comentarios desactivados

O portavoz do PSOE minte descaradamente

 

Lois García Carballido fixo pública unha nota de prensa o pasado sábado 10 de decembro, na que acusa ao goberno municipal de practicar o favoritismo cara o pai da Concelleira Susana Cousillas.

É absolutamente falso que o goberno municipal pagase algunha factura ao pai da Concelleira Susana Cousillas. A factura que el alude pertence ao tío da Concelleira, pero non ao pai. O Sr. Carballido na súa gran “labor de investigación” (toda a documentación estivo exposta ao público e moita investigación non require) mentíu, moi posiblemente mal asesorado por algún dos seus compañeiros, que moi ben non lle deben de querer.

Como fixo unha “gran labor de investigación”, estamos seguros de que poido comprobar que o Sr. Santos Rial, concelleiro do PSOE nesta corporación e tamén na anterior lexislatura anterior, forma parte da relación de pagos que faremos co crédito ICO.

O PP actua con transparencia neste asunto. A Concelleira Susana Cousillas abstívose na votación do pago destas faturas.

A parte das mentiras e despropóstivos do Sr. García Carballido, cabe destacar que o PSOE de Ponteceso e o BNG se opoñan ao pago a autónomos e pequenas empresas do Concello e Ponteceso. Máis chamativo é aínda o voto en contra do Sr. Santos, que obstenta o cargo de Presidente da Asociación de Empresarios de Ponteceso.

Esta situación só amosa o que realmente representa o PSOE de Ponteceso: A mentira, os ataques persoais gratuítos, sumado a un gran descoñecemento sobre o funcionamento do Concello e lexislación vixente.

Categorías:Xeral

O POS 2012 aportará melloras en Brantuas e Corme

08/12/2011 Comentarios desactivados

Ás melloras realizadas na Avenida Eduardo Pondal en Ponteceso e Rúa do Crego en Corme, que se están a levar a cabo nestes días, sumaranse outras no vindeiro ano como a creación dunha área de aparcamento na igrexa de San Xulián de Brantuas e na Rúa Xeneral Mourelle en Corme. Estas dúas melloras chegarán co POS 2012 aprobado no último pleno ordinario cos votos a favor do PP de Ponteceso e en contra do PSOE, que volve a amosar unha nula aportación á vida política municipal, tentando frear o progreso das nosas parroquias.

Categorías:Parroquias

Gracias por confiar no PP

21/11/2011 Comentarios desactivados

Unha vez máis, unha novas eleccións e de novo o PP de Ponteceso colleita uns magníficos resultados electorais. O 64% dos votantes do noso Concello optaron polo cambio político en España, polo Partido Popular.

Moitísimas grazas pola vosa confianza.

Categorías:O partido

A nefasta oposición en mans de Lois García

15/10/2011 Comentarios desactivados

O PSOE de Ponteceso pasou toda a lexislatura anterior durmindo nos plenos e a remolque do que opinaba o BNG e parece que ese sentimento de culpabilidade fai que tornen as cousas. 

Todo o que o PSOE non fixo en catro anos , agora queren facelo no pouco que levamos de lexislatura, sen importarlles para nada o que é a lexislación vixente e o regulamento interno do Concello. 

O hábito non fai ao monxe, e por moita parafernaria e desplegue de medios informáticos que faga o señor, Loís García , nos plenos, amosa un descoñecemento da lexislación local absolutamente abrumadora . Por responsabilidade o PSOE de Ponteceso debe de deixar de experimentar e plantear unha oposición seria e rigorosa asentada na realidade dos veciños de Ponteceso e deixar de entorpecer o normal funcionamento da institución

Tamén é curioso ver como o BNG (e API) agora se volven reféns do PSOE, e son eles os que deixan nas mans do voceiro do PSOE de Ponteceso o peso desta nefasta oposición. API e BNG deberían reflexionar en mans de quen están deixando todo o peso político da oposición, nós cremos que nunha persoa que, lexos de coñecer a realidade do Concello e das nosas parroquias, adícase a ter un comportamento pouco aproiado para un represente público como é el ,con continuas, incorreccións, mentiras e despropósitos en cada pleno. 

Queremos desmentir taxantemente que non se esté concedendo toda a documentación que contempla a lei para o desenvolvemento da labor de fiscalización sobre o goberno que tén a oposición, tal e como se pode comprobar no escrito de contestación remitido polo Alcalde ao voceiro do PSOE de Ponteceso, colgado no blogue do PP de Ponteceso, para quen queira consultalo.

CARTA DO ALCALDE AO PORTAVOZ SOCIALISTA

Categorías:Xeral

Creada a comisión de urbanismo a proposta do PP de Ponteceso

01/10/2011 Comentarios desactivados

O PP de Ponteceso presentou unha moción no pasado pleno ordinario do 26 de setembro para consituír unha comsión de seguemento do futuro Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Ponteceso (PXOM) que foi votada favorablemente por todos os grupos. Todas as forzas políticas terán representación na comisión.  A comisión reunirase, xa, neste mes de outbro.

Categorías:Parroquias

Infraestructuras tamén se compromete con Ponteceso

06/09/2011 Comentarios desactivados

 

O alcalde de Ponteceso, José Luís Fondo Aguiar, e a directora xeral de Infraestruturas, Ethel Vázquez Mourelle, mantiveron unha reunión onte pola mañá en Santiago para falar de obras e proxectos para a localidade. O encontro serviu para que o departamento dependente da Consellería de Medio Ambiente comprometésese a incluír nos Orzamentos do próximo ano a construción de dúas sendas peonís e a rotonda de Balarés.

«Existe un compromiso da directora xeral en financiar as tres obras e de incluílas nas contas do 2012. Agora haberá que cadrar impórtelos e os prazos de execución duns proxectos que se atopan en fase de estudo», explicaron desde a Dirección Xeral de Infraestruturas.

Pola súa banda, o rexedor de Ponteceso mostrábase satisfeito á saída da reunión con Ethel Vázquez. «Foi unha xuntanza moi produtiva», comentou Fondo Aguiar, quen engadiu: «Tingamos claro ou que queriamos e ou obxectivo cumpriuse».

En concreto falou de dúas sendas peonís, as que une A Trabe e Anllóns e a de Xornes. Para a primeira xa hai proxecto e orzamento: medio millón de euros. A de Xornes atópase en fase de estudo por parte dos técnicos municipais e axiña que estea finalizado o proxecto remitirase á Dirección Xeral de Infraestruturas.

No que respecta á rotonda de Balarés, a iniciativa está orzada en 80.000 euros e tamén obtivo o visto e prace de Ethel Vázquez. José Luís Fondo recordou que estas tres actuacións forman parte do programa electoral do PP das municipais do 22 de maio.

O acceso a Corme farase neste mesmo ano.

Categorías:Parroquias

Portos de Galicia comprometido coas obras programadas no Concello

03/09/2011 Comentarios desactivados
O Alcalde, o Patrón Maior co Presidente de Portos

Visita do novo Presidente de Portos de Galicia a Corme

O novo presidente do ente autonómico visitou Ponteceso esta semana deixando claro que as obras do muelle cormelán rematarán no outono e que se iniciarán as do embarcadeiro en Ponteceso. A Xunta de Feijoó comprometida co Concello e traballando en plena sintonía co goberno municipal.

Categorías:Sen clasificar

Publicamos as nóminas do Alcalde e dos Tenentes de Alcalde:

01/08/2011 Comentarios desactivados

Utilizando a demagoxia de sempre, os partidos da oposición volven a confundir á poboación con salarios brutos e netos. Nós non temos problema algún en publicar as nóminas do que cobran o Alcalde e Tenentes de Alcalde:

Ver nóminas

  • José Luis Fondo Aguiar, Alcalde, recibe 2.558,28 euros.
  • Óscar Manuel Rey Calo, Tenente de Alcalde, recibe 1.733,02 euros.
  • José Pose Facal,  Tenente de Alcalde, recibe 1.710,37 euros.
  • Susana Cousillas Sánchez recibe 427,71 euros.

Os concelleiros do PP non cobran nin por asistencias a plenos nin tampuco a comisións, tal como o fan os concelleiros da oposición.

Categorías:Xeral

Inagurado o Centro Socio Cultural de Xornes

30/07/2011 Comentarios desactivados

O pasado día de Galicia, o goberno municipal de Ponteceso inaguraba unha nova infraestructura social e cultural no Concello, o Centro Socio Cultural de Xornes. Dará cabida a todo o movemento asociativo da parroquia e tamén a actividades municipais.

Categorías:Sen clasificar
Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.